Montag, Juni 29, 2009

MOJ E OS JACKSON FOR , UNHA ESTAMPA DA PREHISTORIA BRAVÚ DIANTE DO CORPO CALVO E SEN VIDA DE MAICOL!!

Os problemas de Moj e da colonia ex-soviética que invadíu o espanyol a comezos da década dos 90 son os radicalmente inversos ós que levaron á tumba a Jacko, segundo o máis ca referencial web sobre o futbol con pelota cadrada chamado O Traveseiro , Moj e cía eran acusados no clube catalán de puteros e borrachos cousa ate aquí normal o máis impactante foi que os propios xogadores o dixeran publicamente. Pois parella ás aventuras de Moj e dos seus compañeiros , nista etapa que podemos denominar pre-bravú ; por nomear a nomencletura que utilizan Machina no seu novo disco, un grupo de rapaces dunha aldea do norte do país comezaban a bourar e coma os rusos do espanyol comezaba a ocupar as páxinas da prensa sensacionalista.... O Traveseiro totalmente impactado polo documento que destapou a influencia de Maicol na música galega remítenos iste documento histórico para deleite de toda a larada. Nistes últimos días estase a falar que Jacko tiña en mente formar un grupo cos seus fillos e chamarlle os Jackson Four , un retrouso que se pode utilizar para ilustrar ista espectacular foto da prehistória do bravú no que uns Jackson For de "Villanueva de Lorenzana" preparaban a súa coreografía diante dun tendal dispostos a invadir un país que agardava coas pernas abertas.


O teu último post lembroume que entre toda esa miscelánea de inmundicia con valor nostálxico que arquivo con agarimo no meu durmitorio-cortello tiña algo referente aos Skornabois. Estaba no certo, unha breve reportaxe a tres páxinas do suplemento dominical El Semanal de 28-4-1996 acerca do Rock Bravú, titulado "Arde Galicia". Supoño que xa a terás, mais por se acaso, envíoche a imaxe escaneada da banda, cun arrepiante pé foto: "Skornaboys. Formación de Villanueva-Lorenzana (?)". Claro que puido ser pior, puideron chamalos Los Ciervos Volantes.

Mais tampouco sodes os únicos aos que os sitúan en sitios que non existen, pois meten a Xenreira en La Estrada e a Os Papaqueixos en La Coruña. Trala sorpresa incial, quédome máis tranquilo cando comprobo o nome do que escrebe a crónica, o inefábel xornalista Luis Ventoso.

BEIZÓNS TRAVESEIRO....de coñecernos antes seguro que podía rematar o álbum no que só me quedou fóra o cromo de Pinín , ise puto xogador do valladolid fodeume de carallo!!

Freitag, Juni 26, 2009

WHO´S BAD?? E A INFLUENCIA DE MICHAEL JACKSON NA MÚSICA GALEGA.......


Co cadaver de Michael aínda quente sobre a mesa de autopsias surxe a pregunta inesperada incluso para os avanzados que poñen os ollos nistes regos escritos, tivo algunha influencia o cantante de Indiana na música galega? , pois dende ista non redacción podemos afirmar que si , e moi grande, falo en carne propia e nun contexto tan surrealista como primario, Michael Jackson influenciou grandemente ós Skornabois nise sempre inconcreto tempo do arrinque. Nos primeiros ensaios na mítica Casa Vella Records con latas e guitarras estarteladas e sen afinación ningunha houbo un dos compoñentes do combo primario chamado Xaco , atención á similitude con Jacko , nome co que os fans denomicnan ó ídolo finado , pois Xaco nunha espectacular sesión de Kapela-Punk entre bourelo de bidóns entoaba ise mítica pregunta .... Who´s Bad ?? e toda a blues band respostabamos....eu son de nestlé!!.... , Biezóns Jacko por querer ser branco e a nós facernos negros!!

Donnerstag, Juni 25, 2009

UNHA ALTERNATIVA LACTEA LONXE DO PREMIADO, LEITE UNCLA DE FEIRACO!!


Son moitos ilusos os que aprauden o premio europeo á innovación cooperativa acadado por Feiraco que o ven como unha posíbel saída ó atasco no que se atopa o sector lácteo. A producción do leite de vaca mediante alimentación de liño que non é máis ca unha simple volta atrás no xeito tradicional de alimentación posta en vixencia hoxe mediante un proceso de producción industrial. Pero é isa unha saída real para o sector lacteo? dende ista non redacción e asesorados polo comité de investigación do MI4X , alviscamos novas alternativas reais de produccion láctea nun contexto coma o actual golpexados pola crise , afastada totalmente dos caducos cánones catrotetarios vacúns, un teto é suficiente para autoabastecerse e abastecer polo que chamamos á extracción e consumo masivo de leite en animais unitetos , niste tempo de verán e crise brutal deixa que te muxan e racha co bloqueo europeo e mundial ó leite galego!!

Dienstag, Juni 23, 2009

O ETERNO NAVEGAR ......AGORA TAMÉN BAIXO O SON DAS GAIVOTAS!!

Cando un barco é abordado polos motivos que sexan , a tripulación é decapitada xunto co capitán , por estrano que pareza nun barco invadido fai tan só unhas semanas e do cal aínda non se atopou a caixa negra co capitán botado pola borda de xeito instantaneo é curioso sentir como parte da súa tripulación continúa abordo sen inmutarse o máis mínimo e xunguindo os seus comentarios ó alento dun pirata radiofónico chamado Xusto López Carril . Qué carallo pintan os comentario dista naufraga da lusofonía chamada Uxía nun contexto tan brutalmente anti-galego coma o actual ApR? , ademáis Uxía vai participar istes día no festival de músicas portuarias de Ferrol contexto no cal ogallá lle sirvan para reflexionar ..... porque as cousas do mar , ás veces, necesitan ser explicadas na terra.

Donnerstag, Juni 18, 2009

LINDA MIRADA

Cun Irán revolucionado esixindo un reconto electoral , coa censura esquivada mediante os dispositivos móbiles de twitter en Barna están que o flipan coa 16 edición do Sonar. Unha realidade máis aló das putas coiunturas políticas que crean realidades efímeras e paralelas ás que realmente poden subsistir por elas mesmas, como vemos e palpamos xa sobre o terreo. Niste contexto tan iraniano é cando máis presta descubrir iso que se dá en chamar Linda Mirada, sen palabras ......amor a primeira vista que pensaría Francisco Nixon!!

Dienstag, Juni 16, 2009

BORAN MILUTINOVIC ,O MÍTICO SELECCIONADOR DO IRAQUE PLÁNTALLE CARA Ó ESPAÑOLISMO!!


Por unha vez tentaremos nista non redacción sintonizar o televisor a tempo para ver un partido da puta selección española , por suposto apoiaremos a morte ós campións de asia que de xeito sorpresivo acadaron o título en plena guerra contra as fortas internacionais capitaneadas polos USA . O Iraque está en Sudáfrica nise adefesio monetario chamado Copa Confederacións e chega dirixido por un auténtico mito vivinte para para todos os que formamos ista larada mandrílika. Milutinovic , o adestrador servio experto en situcións extremas chega ate iste banquiño Irakí despois dunha espectacular andaina digna dun mestre das situacións límite, Costa Rica, USA, México , Nixéria, China , Honduras, Arabia Saudita, China e agora o Iraque son as súa credenciais coma adestrador de seleccións nacionais, naide pensou en mandar tomar polo cú a Arsenio Iglesias e Fernándo Vázquez e chamar a Milutinovic para dirixir unha selecicon galega actual sen xogadores que untar , sen país ó que representar e nen sequera campo no que xogar .....Boran os xogadores do Dynamo de Grozni , o Spartak Randeeira e os do Steaua Traveseiro agardamos a túa chamada para defendermos a patria botándonos ó monte e ó campo de xogo!!


Freitag, Juni 05, 2009

XA ESTÁ NA "CAI" O ESPECTACULAR "ORBAYU D´ALFILERES" DE CARLOS SUARI !!

Para as dúcias de ouvintes de Ouveos na Noite non será sorpresa que nistes regos escritos chimpemos de emoción ó anunciar que xa está na rúa o espectacular novo poemario do irmán Carlos Suari. Editado por Suburbia editora "orbayu d´afileres" xa foi apresentado en Uvieu e dende akí berramos por unha futura presentación na Galiza que puidera ser o primeiro paso para unha edición de orbayu en galego. Sexa como sexa para calquera de vós que tendes os ollos chantados nistes regos escritos se ides cruzar a ponte dos Santos non deixedes de esixir en calquera kioske de asturies ista auténtica xoia dun autor radicalmente contemporaneo . De momento é posible que Carlos sexa un dos integrantes do comando astur disposto a loitar polo año negro da LNB, unha mostra máis do compromiso diste maxistral poeta por chantarlle estacas e alfiles no corazón ó imperialimo.

e nun intre no que toda a tribu sonora galega comeza a afiar tamén alfileres , xa está na rúa distribuido polos irmáns do Novas da Galiza o C.D recopilatorio de grupos galegos, que no contexto actual acada un valor aínda maior xa que coma o título da canción que ZIMMER103 aporta a Vozes Novas , niste puto país ....keda moito que sachar!!